30 abril 2008

O inventor do Parque Empesarial do Val da Rabeda

O pasado domingo lin un artigo publicado no Pais que me aclaraou unha cousa na que eu non caira, ¿quen foi o inventor do Parque Empresarial do Val da Rabeda?
Eu pensaba que o inventor do mesmo era o arquitecto Cesar Portela que foi quen de plasmar no papel unha idea de parque empresarial integrado no entorno, con actuacións integrais tamñen en vivenda, rehabilitación de nucleos rurais, etc. Pensaba tamén que o "inventor pai" era o propio Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, que foi o impulsor deste proxecto, que previa xa o potencial desta zona cando pasaba por Taboadela no "coche de liña" que o levaba cara Ourense.

Pero non, estaba equivocado ... o pai deste proxecto é o Alcalde de Taboadela, quen dixo o pai !O Inventor!


--
Xosé Antón Vila
Tlf: 630 626767

I Plan de Igualdade do Concello de Taboadela

O pasado sábado asistin no Centro de Día á presentación do I Plan de Igualdade do Concello de Taboadela. Presentou o acto o Sr. Alcalde falando moito do Centro de Dia e nada de igualdade. Logo interviu a Asistente Social do Concello cunha charla moi atinada e ben preparada sobre o obxcetivo e actividades do plan. Por último intervou unha muller (non recordo o nome) experta en igualdade e violencia de xénero que tamén tivo unha intervención inetersante. Por último ofreceronnos un viño.
Deronnos un libriño a cada un que recolle as propostas de dito plan. Da lectura do mesmo eu deduzo que o noso concello vai ser a "repera", imos ser o exemplo de toda Galiza en canto a igualdade con actividades de formación, sensibilización, animación cultural, axudas económicas,...
O problema é que unha cousa é escribir esas cousas nun libro e outra polas en práctica. De momento nos presupostos deste ano eu non vin partida específica ningunha para desenvolvelo ... con que non sexa os miles de euros que costou a impresión do libriño de marras!

Xosé Antón Vila

23 abril 2008

Banda ancha

Se as previsións non se torcen para este verán pode que a banda ancha chegue a Taboadela. Hai un proxecto para levar á fibra óptica á central de Taboadela o cal permitiría a Telefónica ofertar liñas de ADSL.

O problema é que non vai a chegar a todo o Concello. Os veciños que dependan da central de Santa Leocadia (Santa Leocadia, A Reguenga, Pasadan, etc) non van poder acceder a este servicio. No último pleno eu pedín expresamente ó Grupo de Goberno que reclamase ante Telefónica para que se poñan os medios técnicos para posibilitar que a banda ancha chegue a todos os puntos do Concello. Aconséllolles ós afectados que protesten diante do Concello, mellor por escrito, e se queren facerme saber a min do seu interese por este asunto mellor.

Por unha Taboadela moderna!

Xosé Antón Vila.

16 abril 2008

O alcalde súbese o soldo

No día de hoxe celebrouse un pleno no que se debatiron os seguintes puntos:

1) Subida de soldo do alcalde, que pasa de percibir 900 € a 1600. Por suposto iso non significa que vaia traballar mais, "seguirei facendo o mesmo" manifestou ante a miña pregunta. Tampocuo tubo a delciadeza de ausentarse do pleno àra debatir e votar este punto.

2) Subidas das cantidades percibidas por asistencias a plenos e comisións. Pretendiase subir de 70 a 200 € a cantidade que cada concellal cobra por asistencia a pleno. Eu manifestei o meu desacordo ( o mesmo que o resto da oposición) e indiqueille ó alcalde que me parecía mais oportuno manter a retribución actual, mais que suficiente, e abrir unha partida presupostaria para cada grupo político para pagar gastos de funcionamento (fotocopias, cartazes, folios, CDs, gastos en comunicacións, etc). Afortunadamente pareceulle ben e decidiu retirar o punto e estudialo.

3) Modificación da plaza de alguacil. Decidiuse aumentar a súa categoría de nivel 9 a 14 e incorporarlle como complemento específico unha cantidade (160 €) que actualmente percibia de xeito un pouco "iregular". Aprobouse por unanimidade xustificando no traballo da persoa que ocupa o posta actualmente (fai funcións polas tarde e mesmo os fins de semana, e asiste a grigda de extinción de incendios no verán)

4) Presupostos anuais. O presuposto ascende a algo ais de 1.100.000 € dos cais o apartado de persoal se come case a terceira parte. Non hai apenas partidas para axudas sociais e actividades culturais. Non hai xustificación para case ningunha partida. En resumen é un presuposto "para cubrir a papeleta" e pouco mais.Opuxémosnos toda a oposición.

Xosé Antón Vila.

15 abril 2008

O PXOM xa deixou a mesa do alcalde

Compráceme informarvos que o PXOM xa deixou a mesa do alcalde para coller o Camiño de Santiago.

Non sei quen conseguiu convencer ó alcalde da que era preciso aprobar o PXOM polo ben de todos pero o feito é que no pleno extraordinario do pasado xoves a aprovamos. Eu teño unha copia dixital do mesmo, que poño a disposición de todos os interesados.

Aproveito para informar tamén de que mañán hai outro pleno no que se pretende aprobar os presupostos para este ano e facer algunha modificacións interesantes: soldo do alcalde, asignación dos concellales por asistencias a plenos e comisións, modificacións na plaza de alguacil ... manterievos informados do resultado.

Xosé Antón Vila.

02 abril 2008

O PXOM queda sobre a mesa

O luns día 31 de marzo era o día sinalado para que o PXOM superase o trámite da súa aprobación no pleno e fose remitido á Xunta. Para sorpresa de todos non foi así.

Os grupos da oposición foron explicando o sentido do seu voto (abstención do PSOE, voto en contra do VETA e voto a favor do BNG) coincidindo todos eles nas súsa críticas ó grupo de goberno na maneira en que fora tramitado o plan (lento, sin información á oposición, posiblemente sen negociar todas as melloras posibles, etc). Eu, como concellal do BNG decidín ainda así votar a favor porque entendía que neste momento o que cumpre é mirar cara adiante e dispor dun PXOM, non o que todos desexariamos pero algo.

O mellor veu despois destas intervencións cando o Alcalde, para sorpresa de todos, dixo que non estaba disposto asumir el todas esas críticas e que nesas condicións non aprobaba o plan, textualmente dixo "queda sobre a mesa".

Esa frase vai facer historia en Taboadela pois ultimamente todo queda sobre a mesa... as marquesinas, as normas para o uso dos velorios ... ata as aprobacións de enganches de auga.

O malo disto é que as cousas vanse acumulando enriba da mesa do Sr. Alcalde e penso que debe de ser isto o que lle impide ver que o Concello acumula cada día mais atraso respecto doutros do seu entorno.

Xosé Antón Vila