28 março 2008

Paso adiante no PXOM

Mais dun ano despois de que a Xunta rechazara o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Taboadela está lista a nova proposta de PXOM e pasará polo Pleno o luns día 31 de marzo.

Básicamente é unha versión recortada do anterior, case sin zonas residenciais e cas areas de ampliación dos núcleos urbáns mais pequenas. Tamén se ampliaron as áreas de protección de infraestructuras e se mellorou o informe patrimonial.

Eu teño unha copia do mesmo e vou pedir no pleno do luns que se expoña no Concello e se coloquen bandos avisándo á xente.

Está clare que alguén debería asumir a responsabilidade pola tardanza (Concello, empresa redactora, Xunta, ...).