31 julho 2007

Compás de espera

Despois da constitución da Corporación Municipal estamos ahora mesmo nun compás de espera ata pasar as vacacións. Para finais de setembro está previsto o primeiro pleno "operativo". Entre os temas que supoño se tratarán estará o estado do PXOM.

Se tes algún asunto que pensas que debería ser tratado no pleno escríbenos e veremos que se pode facer.

Por certo, aproveito para decir que o Alcalde segue a actuar coma sempre: non hai comisións mais que as que obriga a lei, non se aumenta a frecuencia dos plenos, non se artellan medios de participación veciña, etc.

Bueno, como moitos de vos ímosnos de vacacións pero en setembro prometemos empezar a traballar en serio.

Saudos.

Xosé Antón Vila.