28 maio 2007

Resultados das eleccións municipais

Finalmente as cousas van a quedar como estaban en Taboadela, o PP conserva a maioría absoluta con 5 concelleiros, ainda que baixa 1. O PSOE conserva os 2 concelleiros e o BNG 1. Entra un novo grupo independente, o Ve-Ta con 1 concelleiro.

Outra oportunidade perdida porque visto o visto e co alcalde que temos as cousas van a seguir o mesmo. Os concellos da bisbarra medran e non avanzamos ... pero a paso de tartaruga.

No conxunto do pais os resultados non son malos pois imos estar no goberno de case todas as cidades grandes e nas deputacións de 3 provincias.

25 maio 2007

O Temoeiro 2

Premendo no seguinte enlace podedes descargar o número 2 da revista "O Temoeiro", o noso boletín local.

Ocupa bastante (4 Mb) asi que paciencia se o descargades dende unha liña lenta.

Estamos abertos a colaboracións para futuros números, animádevos!

Primeiro artigo

Ola mundo!

Este é o primeiro artigo colocado neste sitio. Espero que non sexa o último!