14 setembro 2007

Pleno extraoridnario o 7 de setembro

O día 7 tivemos un pleno extarordinario para ratificar o convenio ca Xunta de Galicia e o Concello de Allariz para a construcción dun novo depósito e canalización para a traida de augas dende o Arnoia.

Puro trámite ....

31 julho 2007

Compás de espera

Despois da constitución da Corporación Municipal estamos ahora mesmo nun compás de espera ata pasar as vacacións. Para finais de setembro está previsto o primeiro pleno "operativo". Entre os temas que supoño se tratarán estará o estado do PXOM.

Se tes algún asunto que pensas que debería ser tratado no pleno escríbenos e veremos que se pode facer.

Por certo, aproveito para decir que o Alcalde segue a actuar coma sempre: non hai comisións mais que as que obriga a lei, non se aumenta a frecuencia dos plenos, non se artellan medios de participación veciña, etc.

Bueno, como moitos de vos ímosnos de vacacións pero en setembro prometemos empezar a traballar en serio.

Saudos.

Xosé Antón Vila.

28 maio 2007

Resultados das eleccións municipais

Finalmente as cousas van a quedar como estaban en Taboadela, o PP conserva a maioría absoluta con 5 concelleiros, ainda que baixa 1. O PSOE conserva os 2 concelleiros e o BNG 1. Entra un novo grupo independente, o Ve-Ta con 1 concelleiro.

Outra oportunidade perdida porque visto o visto e co alcalde que temos as cousas van a seguir o mesmo. Os concellos da bisbarra medran e non avanzamos ... pero a paso de tartaruga.

No conxunto do pais os resultados non son malos pois imos estar no goberno de case todas as cidades grandes e nas deputacións de 3 provincias.

25 maio 2007

O Temoeiro 2

Premendo no seguinte enlace podedes descargar o número 2 da revista "O Temoeiro", o noso boletín local.

Ocupa bastante (4 Mb) asi que paciencia se o descargades dende unha liña lenta.

Estamos abertos a colaboracións para futuros números, animádevos!

Primeiro artigo

Ola mundo!

Este é o primeiro artigo colocado neste sitio. Espero que non sexa o último!